03 setembro 2008

Gabry2o


"Este Cd é unha merda, non o merquedes" sería demasiado simplista. Agora ven a argumentación. E xa tiña eu gañas de falar de Gabry. Antes de nada dicir que é capaz do mellor e do peor. 


Todo o mundo sabe que este home nadou en Italo toda a súa vida ata hai 4 anos (1993-2005). Aí chegou o punto crítico e a culpa é dunha fábrica de merda que se chama "Ministry of sound" e que é unha das principais culpábles de que estexamos sumidos no imperio do "Jaus" e "Aletro" (House e electro). Pois este afamado clube británico, fichou a Gabry alá polo 2005, e foi un fito histórico, xa que era o primeiro DJ de dance que pinchaba alí. E que pasou, convertiuse Ministry of sound nunha fábrica de dance? Wrong! Pasou ó contrario,despois dun ano de residencia, Gabry Ponte convertiuse nunha fábrica de eletromerda. Pasou de façer o mellor disco da historia do Italo,"Dottor Jeckyl & Mr. Dj" (2004), onde ata a canción mala é boa; a querer convertirse no precursor do electro a nivel europa, sen acadalo.

Explicome, o seu tránsito dende o Italo, ao que sexa que faga agora, pasou no anterior disco, "Love songs in the digital age according to Gabry Ponte" (2006) onde facía experimentos raros, que seguían sendo dance, pero alonxandose do Italo. Algunhas cancións eran boas, coma Undergrond, pero outras coma "Electro muzik is back" eran un autentico lixo.

E agora chegamos a Gabry2o, que se explica tamén polo tránsito da radio dance italiana onde traballa (M2o; lido eme due o) cara o house e o electro. Pois iso, temas sen xeito, móvese dende o mínimal dance (Track 3 ), ata o electro (Track 6), house raro (Track 4 ), experimentos varios (en xeral), e ningún estilo definido. Algunha canción sálvase, pra min o baixo de "Somebody called me" (Track 12) é tremendo, pero é que despois a canción de seu, non ten xeito. Do track 5, "Bambina", mola a letra, pero hai q buscar outro remix pra q soe ben. Pero bueno, polo menos Gabry é educado e pide perdón polo disco no track 9 "Excuse me".

Creo que o que pasa é que agora que xa está forrado, o que fai é buscar crear un estilo propio fóra do italo co que todo o mundo o poida identificar, como fixo Gigi D'Agostino co LV. Pois iso tamén é bo, unha recomendación se vai facer iso, que sigua polo camiño de "Underground" e "Somebody called me", un bombo destructor e un ritmo rápido, non é italo, pero polo menos é dance.

02 setembro 2008

Super Italia vol. 30



Xa está aquí a última entrega do recopilatorio austríaco. Danme gañas de ir vivir pra Austria, un país onde a Universal edita isto, o q sinifica q en toda Austria debe de soar música coma esta. De todos modos, artistas de segunda fila e calidade mediocre, salvo excepcións.

01. Tema de rollo étnico. A melodía soa ó mitico "Super" de Gigi.
02. Soavos o vogal? A min si, é un mítico do Ejay, con base italo.Isto é o que pasa cando non se ten talento nin cartos pra suplir a súa falla. 
03. Ta ben. Italo normal. Nada salientable. 
04. Mola. Italo con contundencia. 
05. Por dicir algo, o vocal empeza guay. Italo estándar. 
06. Maís italo promedio.
07. Italo con intensidade, a parte instrumental está ben. Pero, máis BPMs, please.
08. Rollo vocal eurodance, con parte instrumental tirando a Italo. 
09. Pois iso, soft dance ou "dance moñas". Intentao, pero non chega.
10. Grande Juan Martinez.Tema pegadizo, destila "bo rollo". Da gusto escoitalo.
11. Moi lixeira pra ser de Stylerockerz. Esperaba Hands up, non italo.
12. Tema que vai en plan cachondo, pero que é mediocre.
13. Tema que sube ben. Canta unha tia q a veces senmellaun gato atropelado
14. Danger! Fondo envolvente. Ritmo esgazado: Electrodance. Non mi piace. 
15. Non é "Gira tutto intorno a me", pero é dos temas que se salvan.
16. Onde está Luca Zeta? Pois creo que se quedou no título. Bo tema pero moi soft.  
17. Soa Lento. Ten elementos de LV, dance e electro. Pero nada máis.
18. Enésimo remix dun dos temas do ano. Ningunha novidade salientable.  
19. Rollo eurodance, con algunha aportación "aletro" 
20. O peor remix que hai desta canción. Facer este remix é guindar co tema ó lixo! A canción é boisíma, é o mellor o remix Italo de Jose Rambay. Xa che vale Gabry.

31 agosto 2008

ELECTRODANCE

Falando estrictamente de dance, se a finais dos 90 dominou o Eurodance, e a principios dos 2000 o Italodance, agora, a finais da década o que se leva é o Electrodance. Falarei das diferenzas que eu noto entre os dous últimos, e que me fai preferir o Italo.

Certo, o electrodance non baixa moito dos 140 BPMs, e certamente os efectos "electro" pódenlle dar un toque novo ós temas, pero tamén a melodía electro co baixo envolvente (estilo house) é o que non mola, se xa o dance non comercial é moi popeiro, isto significa seguir rebaixandolle a contundencia á música dance, e facela máis plana, sen subidas nin transicións. E que é imposible manter un ritmo constante durante 3-5 minutos sen que a xente non deixe de bailar, pois o dance conseguiao. Algúns din que o House tamén, pero segundo a miña experiencia, a xente que baila house "de toda a vida" (non os borregos q bailan o que está de moda) dalle igual o ritmo, e outros fican empericados ou empilulados en afters bailando coma zombies.

En resumo, que antes as cancións molaban de seu porque tiñan contundencia, agora pra que teñan contundencia hai que façer un remix italo ou hands up. Xa sei que o do electro é unha puta moda pasaxeira, pero é que non me gusta o baixo dos temas electro (copiado do house). O ELECTRODANCE É HOUSE ENCUBERTO

27 agosto 2008

Super Italia vol. 29


Boa colleita italo, en xeral un disco bo que axuda a reencontrarnos co xénero. Paga a pena mercalo !

                 

01 - Versión lenta do tema. Prefiro as outras. Non serve pra bailar
02 - Tema algo cañero, pero que tampouco ofrece nada novo. O mellor é o transito de esta canción á seguinte
03 - Tema bo. Vocal interesante e melodía ben levada. Parte instrumental conseguida.
04 - Cancion wapa, pero prefiro o extended, pola contundencia.
05 - Temazo, Taquini e Prevale saense, e nótase moito a Vodka. Italo con forza.
06 - Tema pasteloso. O subidón sen moita forza. En resumo, normaliño.
07 - Algo parecido ao anterior. Pouca forza, o vocal aínda ten un pase.
08 - Tema recén chegado dende os 80. Italo disco puro. Pra os morriñentos.
09 - Gran cagada de Prezer dj. En fin, millor isto que facer house.
10 - Eurodance ben logrado. Non é Eiffel 65, pero bueno.
11 - Cousa rara que eu chamaría dance con cheiro a house.
12 - Máis eurodance. A famosa canción "Heiche de esmaghare" non merece este remix
13 - Canción revelación de este ano. Está moi ben e hai moitos rmx onde escoller.
14 - Estupenda. Contundente. Rítimica e ordeada. Temazo
15 - É Luca Zeta, coido q con isto abonda. Italo potente. Ao vocal fáltalle un chisco.
16 - Ohhhh !. Pra min o millor do disco. Vocal super-robotico e ritmo super-acadado. Abraiainte! A típica canción q non podes deixar de escoitar durante días e días. Constante invitación a bailar.
17 - Remix algo escuro, prefiro outros remixes.
18 - Tema pegadizo. que apetece cantar. Veña, así melloramos o nivel de idioma Italo ! 
19 - Típico tema "Quero ser coma Gabry Ponte, pero non chego ao seu nivel" Fáltanlle 10 BPMs. Demasiado experimento.

20 - Italo en estado puro, feito por un dos meus DJs favoritos. Sempre fai temas bailables, merecería estar antes no disco. E o bo é q fainos en español e Portugués e así podemolos cantar mellor.


15 agosto 2008

Italo Mega Dance vol.11


En xeral noto unha falta de contundencia, que fai que os temas perdan máis forza q a gaseosa do Lidl, e nótase un tufo a eurodance (chegando a algún mínimo toque electro, efectos soltos) Non sei se é pra façelo máis vendíbel ou se é porque está en sesión e darlle unha certa coherencia. Pero o rollo xeral non me mola nada. Si, son temas italo, pero os primeiros semellan eurodance. Creo que se soluciona versionandoos de novo ao Italo. Máis adiante na parte máis Lento Violento, mellora un pouco. E o final xa é totalmente italo. En fin, de menos a máis.

1.- Versión lenta da canción, persoalmente gosto máis da versión normal.
2.- Tema sen moito recorrido.
3.- Tema italo normaliño.
4.- Bo tema o orixinal, e este remix non fai máis que escarallalo.
5.- Revisión do tema homónimo dos Soundlovers, un remix en clave dance. Mellorábel.
6.- Temiña pouco currado. Por cancións coma estas, o italo non sube. Podía ser a ostia.
7.- Vocal bonito.O fondo soame moito a eurodance con toques italo. Quizais fose un temazo con outro remix..
8.- Incrible,The produxer soe facer temas de calidade,pero o rollo do disco escaralla o tema.
9.- A este tema roubáronlle 10 BPMs e o remix Italo. Segue a tónica do disco.
10.- Bo tema de Fillini, ao q non lle falta contundencia e sobre todo moito ritmo. Pega, unha parada inxustificada a metade de tema.
11.- Temazo de Miani, q continua o seu exito imparábel. É un tema lento, pero con contundencia. Vocal precioso, e cunha subida interesante. Móvese entre o LV e o dance. Un remix Italo petaría as pistas.
12.- Cada día faise máis LV, e iso é bo porque sube a calidade. Este tema é un exemplo. Base LV, e rollo dance. LV alegre, quitandolle a compoñente de ritmos escuros.
13.- Tema contundente cun rollo étnico de fondo. A veces xoga deixandose caer o LV, pero pronto aumenta a dance
14.- Tema Italo típico pero moi leeeeento. Fáltanlle 15 BPMs.
15.- O orixinal é un bo tema, e francamente non noto o remix.
16.- Tema de Marc Korn e polo tanto, o máis duro do disco. Gústame. Non escoitei o orixinal, pero seguro q con este remix, perde potencia.
17.- Italo duro, ma non troppo. Contundencia moderada.
18.- Un moi bo tema Italo "allo stato puro". Correcto.
19.- Outro tema Italo con bastante letra e bastante movido.
20.- Electro rebaixado. Tema moi parado. Electrodance (non petardo). Se este é o futuro non me mola.

14 agosto 2008

Música Maranza 4


Comentario.
1.- Un remix que lle da algo de contundencia ao tema orixinal, bo de por si.
2.- Tema dance normaliño.
3.- Ten algúns rasgos interesante, empeza ben, máis vocal non lle iría mal.Moi longa.
4.- Bo tema italo en francés. Italo en estado puro, nótase a man de Dario Synth.
5.- Tema cun ritmo cachondo. Reminiscencias eurodance.
6.- O tema de por si xa é moi bo. E aínda así mellora con este remix. Gaña contundencia.
7.- Outro tema en francés. Moi boa a melodía, rítmica, contundente e dinámica.
8.- Ohhh. Un vocal estupendo completado cunha melodía axeitada e bombo marcado.
9.- Pra min a millor canción do disco. Vocal marabilloso. Deixa unha frase desas q non te podes quitar da cabeza durante días: "Dolce ritmo bate forte, qu'este il tuono de la sorte... " Xunto co subidón ao mesmo tempo. Simplemente, unha das cancións do ano.
10.- Electrodance (Non do petardo) Personalmente non me gusta. Coido q sobra
11.- Tema Italo correcto.
12.- Revisión do tema Scatman's World en clave LV. Raro.É misturar o touciño ca velocidade.

12 agosto 2008

Gigi D'Agostino - Suono Libero

Pois bueno, este homiño é o dance, el sumouse ao eurodance nos 90s, turrou polo Italo ata levalo ao máis alto, inventou o Lento Violento (LV) e agora segue facendo "das súas". Seguindo co seu estilo particular, edita Suono Libero. 40 cancións, si 40. Pero varios matices, algunhas duran menos de 2 minutos, coido q son idas de olla, pero aínda así con calidade. E outros temas son revisións de clásicazos coma Another way, L'amour toujours ou La passión, e tamén revisa temas dos seus últimos discos, coma "A volte io me perdo" (Un mondo per noi due).
En xeral, continúa movendose e adentrandose no LV experimental, a veces misturandose co Dance ou incluso con toques de música clásica. Dicir, que os temas que máis me molaron foron os Pomp e Pero, ambolos dous no 2º CD, LV puro: sons hipnóticos e bombo durísimo. A revisión de La passion está ben, rollo tranquiliño. E os q no me molou foi a revisión de L'amour toujours, que debe ter unhas 1000 versións, esta parece música clasica.

En resumo. Ben por Gigi, aos amantes do LV gostanos, pero como amante do Italo, boto de menos temas máis movidos. Quizais subindo os BPMs...

11 agosto 2008

M2o volume 18

Todo o mundo que entende algo de Italo podería dicir, que M2o, a radio dance italiana, foi unha das que máis fixo a favor do Italo nos últimos anos. Ata hai pouco tempo, os discos de M20 eran xoias do Italodance, pero "algo"`pasou, e dende a edición 14-15 do M2o volume, foi entrando cada vez máis House/Electro/Dance petardo ata chegar a esta edición 18.

Nesta edición 18, o único tema que se salva, por comezar con algo bo, é o de Armin van Buren, trance con algún lixeiro toque a house (incrible). Os restantes 13 temas+ intro respostan á combinación ElectroHouse, ElectroDance petardo ( toques house /electro) e ritmo facilón. As cancións son todas iguais, con artistas de segunda fila, salvo Provenzano e Molinaro. Está claro que pode haber unha evolución na música, pero resulta que nos últimos 5 anos, non deixou de ser evolución cara o House. Dicir que tamén se pode evolucionar facendo dance. Así que digo, que se siguen por este camiño, non comentarei máis discos de M20, simplemente porque xa non editan Italo. Esperemos que sexa unha concesión á comercialidade polo vrán, e no inverno volten ó seu, pero non sei.

Agardaremos polo M2o vol 19., pero sen moita esperanza., vista a evolución anterior.

10 agosto 2008

Presentación

Presentación. Este espazo nace con vocación de efímero. Só quería facer un sitio onde poder poñer os meus comentarios sobre temas Italo e Dance, música, algún concerto. E se alguén algún día entra aquí e deixa un comentario, pois mellor. Visto que o DANCE está pasando un momento moi dificil, todos aqueles que nalgún momento disfrutamos con algún tema, somos os que temos que pular pra acadar que o ITALO e o DANCE volvan ás discotecas, ós pubs, á radio, á TV, lugares de onde nunca deberon de sair. Non teño ningún afán comercial nin moito menos, a diferenza de outros sitios que empregaron ao Italo coma plataforma de lanzamento, vendendose despois a outros estilos de música máis rentables en canto viron pasta diante.

Levo 10 anos escoitando e vivindo este estilo de música e vexo que aínda ten moito perecorrido e moitas posibilidades. O exemplo son o "Mediterranean progressive", "Hands up" ou o "Lento Violento", evolucións positivas partindo do Italo.