03 setembro 2008

Gabry2o


"Este Cd é unha merda, non o merquedes" sería demasiado simplista. Agora ven a argumentación. E xa tiña eu gañas de falar de Gabry. Antes de nada dicir que é capaz do mellor e do peor. 


Todo o mundo sabe que este home nadou en Italo toda a súa vida ata hai 4 anos (1993-2005). Aí chegou o punto crítico e a culpa é dunha fábrica de merda que se chama "Ministry of sound" e que é unha das principais culpábles de que estexamos sumidos no imperio do "Jaus" e "Aletro" (House e electro). Pois este afamado clube británico, fichou a Gabry alá polo 2005, e foi un fito histórico, xa que era o primeiro DJ de dance que pinchaba alí. E que pasou, convertiuse Ministry of sound nunha fábrica de dance? Wrong! Pasou ó contrario,despois dun ano de residencia, Gabry Ponte convertiuse nunha fábrica de eletromerda. Pasou de façer o mellor disco da historia do Italo,"Dottor Jeckyl & Mr. Dj" (2004), onde ata a canción mala é boa; a querer convertirse no precursor do electro a nivel europa, sen acadalo.

Explicome, o seu tránsito dende o Italo, ao que sexa que faga agora, pasou no anterior disco, "Love songs in the digital age according to Gabry Ponte" (2006) onde facía experimentos raros, que seguían sendo dance, pero alonxandose do Italo. Algunhas cancións eran boas, coma Undergrond, pero outras coma "Electro muzik is back" eran un autentico lixo.

E agora chegamos a Gabry2o, que se explica tamén polo tránsito da radio dance italiana onde traballa (M2o; lido eme due o) cara o house e o electro. Pois iso, temas sen xeito, móvese dende o mínimal dance (Track 3 ), ata o electro (Track 6), house raro (Track 4 ), experimentos varios (en xeral), e ningún estilo definido. Algunha canción sálvase, pra min o baixo de "Somebody called me" (Track 12) é tremendo, pero é que despois a canción de seu, non ten xeito. Do track 5, "Bambina", mola a letra, pero hai q buscar outro remix pra q soe ben. Pero bueno, polo menos Gabry é educado e pide perdón polo disco no track 9 "Excuse me".

Creo que o que pasa é que agora que xa está forrado, o que fai é buscar crear un estilo propio fóra do italo co que todo o mundo o poida identificar, como fixo Gigi D'Agostino co LV. Pois iso tamén é bo, unha recomendación se vai facer iso, que sigua polo camiño de "Underground" e "Somebody called me", un bombo destructor e un ritmo rápido, non é italo, pero polo menos é dance.

Sem comentários: