12 agosto 2008

Gigi D'Agostino - Suono Libero

Pois bueno, este homiño é o dance, el sumouse ao eurodance nos 90s, turrou polo Italo ata levalo ao máis alto, inventou o Lento Violento (LV) e agora segue facendo "das súas". Seguindo co seu estilo particular, edita Suono Libero. 40 cancións, si 40. Pero varios matices, algunhas duran menos de 2 minutos, coido q son idas de olla, pero aínda así con calidade. E outros temas son revisións de clásicazos coma Another way, L'amour toujours ou La passión, e tamén revisa temas dos seus últimos discos, coma "A volte io me perdo" (Un mondo per noi due).
En xeral, continúa movendose e adentrandose no LV experimental, a veces misturandose co Dance ou incluso con toques de música clásica. Dicir, que os temas que máis me molaron foron os Pomp e Pero, ambolos dous no 2º CD, LV puro: sons hipnóticos e bombo durísimo. A revisión de La passion está ben, rollo tranquiliño. E os q no me molou foi a revisión de L'amour toujours, que debe ter unhas 1000 versións, esta parece música clasica.

En resumo. Ben por Gigi, aos amantes do LV gostanos, pero como amante do Italo, boto de menos temas máis movidos. Quizais subindo os BPMs...

Sem comentários: