11 agosto 2008

M2o volume 18

Todo o mundo que entende algo de Italo podería dicir, que M2o, a radio dance italiana, foi unha das que máis fixo a favor do Italo nos últimos anos. Ata hai pouco tempo, os discos de M20 eran xoias do Italodance, pero "algo"`pasou, e dende a edición 14-15 do M2o volume, foi entrando cada vez máis House/Electro/Dance petardo ata chegar a esta edición 18.

Nesta edición 18, o único tema que se salva, por comezar con algo bo, é o de Armin van Buren, trance con algún lixeiro toque a house (incrible). Os restantes 13 temas+ intro respostan á combinación ElectroHouse, ElectroDance petardo ( toques house /electro) e ritmo facilón. As cancións son todas iguais, con artistas de segunda fila, salvo Provenzano e Molinaro. Está claro que pode haber unha evolución na música, pero resulta que nos últimos 5 anos, non deixou de ser evolución cara o House. Dicir que tamén se pode evolucionar facendo dance. Así que digo, que se siguen por este camiño, non comentarei máis discos de M20, simplemente porque xa non editan Italo. Esperemos que sexa unha concesión á comercialidade polo vrán, e no inverno volten ó seu, pero non sei.

Agardaremos polo M2o vol 19., pero sen moita esperanza., vista a evolución anterior.

Sem comentários: