-back.jpg)
En xeral noto unha falta de contundencia, que fai que os temas perdan máis forza q a gaseosa do Lidl, e nótase un tufo a eurodance (chegando a algún mínimo toque electro, efectos soltos) Non sei se é pra façelo máis vendíbel ou se é porque está en sesión e darlle unha certa coherencia. Pero o rollo xeral non me mola nada. Si, son temas italo, pero os primeiros semellan eurodance. Creo que se soluciona versionandoos de novo ao Italo. Máis adiante na parte máis Lento Violento, mellora un pouco. E o final xa é totalmente italo. En fin, de menos a máis.
2.- Tema sen moito recorrido.
3.- Tema italo normaliño.
4.- Bo tema o orixinal, e este remix non fai máis que escarallalo.
5.- Revisión do tema homónimo dos Soundlovers, un remix en clave dance. Mellorábel.
6.- Temiña pouco currado. Por cancións coma estas, o italo non sube. Podía ser a ostia.
7.- Vocal bonito.O fondo soame moito a eurodance con toques italo. Quizais fose un temazo con outro remix..
8.- Incrible,The produxer soe facer temas de calidade,pero o rollo do disco escaralla o tema.
9.- A este tema roubáronlle 10 BPMs e o remix Italo. Segue a tónica do disco.
10.- Bo tema de Fillini, ao q non lle falta contundencia e sobre todo moito ritmo. Pega, unha parada inxustificada a metade de tema.
11.- Temazo de Miani, q continua o seu exito imparábel. É un tema lento, pero con contundencia. Vocal precioso, e cunha subida interesante. Móvese entre o LV e o dance. Un remix Italo petaría as pistas.
12.- Cada día faise máis LV, e iso é bo porque sube a calidade. Este tema é un exemplo. Base LV, e rollo dance. LV alegre, quitandolle a compoñente de ritmos escuros.
13.- Tema contundente cun rollo étnico de fondo. A veces xoga deixandose caer o LV, pero pronto aumenta a dance
14.- Tema Italo típico pero moi leeeeento. Fáltanlle 15 BPMs.
15.- O orixinal é un bo tema, e francamente non noto o remix.
16.- Tema de Marc Korn e polo tanto, o máis duro do disco. Gústame. Non escoitei o orixinal, pero seguro q con este remix, perde potencia.
17.- Italo duro, ma non troppo. Contundencia moderada.
18.- Un moi bo tema Italo "allo stato puro". Correcto.
19.- Outro tema Italo con bastante letra e bastante movido.
20.- Electro rebaixado. Tema moi parado. Electrodance (non petardo). Se este é o futuro non me mola.
Sem comentários:
Enviar um comentário