27 agosto 2008

Super Italia vol. 29


Boa colleita italo, en xeral un disco bo que axuda a reencontrarnos co xénero. Paga a pena mercalo !

                 

01 - Versión lenta do tema. Prefiro as outras. Non serve pra bailar
02 - Tema algo cañero, pero que tampouco ofrece nada novo. O mellor é o transito de esta canción á seguinte
03 - Tema bo. Vocal interesante e melodía ben levada. Parte instrumental conseguida.
04 - Cancion wapa, pero prefiro o extended, pola contundencia.
05 - Temazo, Taquini e Prevale saense, e nótase moito a Vodka. Italo con forza.
06 - Tema pasteloso. O subidón sen moita forza. En resumo, normaliño.
07 - Algo parecido ao anterior. Pouca forza, o vocal aínda ten un pase.
08 - Tema recén chegado dende os 80. Italo disco puro. Pra os morriñentos.
09 - Gran cagada de Prezer dj. En fin, millor isto que facer house.
10 - Eurodance ben logrado. Non é Eiffel 65, pero bueno.
11 - Cousa rara que eu chamaría dance con cheiro a house.
12 - Máis eurodance. A famosa canción "Heiche de esmaghare" non merece este remix
13 - Canción revelación de este ano. Está moi ben e hai moitos rmx onde escoller.
14 - Estupenda. Contundente. Rítimica e ordeada. Temazo
15 - É Luca Zeta, coido q con isto abonda. Italo potente. Ao vocal fáltalle un chisco.
16 - Ohhhh !. Pra min o millor do disco. Vocal super-robotico e ritmo super-acadado. Abraiainte! A típica canción q non podes deixar de escoitar durante días e días. Constante invitación a bailar.
17 - Remix algo escuro, prefiro outros remixes.
18 - Tema pegadizo. que apetece cantar. Veña, así melloramos o nivel de idioma Italo ! 
19 - Típico tema "Quero ser coma Gabry Ponte, pero non chego ao seu nivel" Fáltanlle 10 BPMs. Demasiado experimento.

20 - Italo en estado puro, feito por un dos meus DJs favoritos. Sempre fai temas bailables, merecería estar antes no disco. E o bo é q fainos en español e Portugués e así podemolos cantar mellor.


Sem comentários: