31 agosto 2008

ELECTRODANCE

Falando estrictamente de dance, se a finais dos 90 dominou o Eurodance, e a principios dos 2000 o Italodance, agora, a finais da década o que se leva é o Electrodance. Falarei das diferenzas que eu noto entre os dous últimos, e que me fai preferir o Italo.

Certo, o electrodance non baixa moito dos 140 BPMs, e certamente os efectos "electro" pódenlle dar un toque novo ós temas, pero tamén a melodía electro co baixo envolvente (estilo house) é o que non mola, se xa o dance non comercial é moi popeiro, isto significa seguir rebaixandolle a contundencia á música dance, e facela máis plana, sen subidas nin transicións. E que é imposible manter un ritmo constante durante 3-5 minutos sen que a xente non deixe de bailar, pois o dance conseguiao. Algúns din que o House tamén, pero segundo a miña experiencia, a xente que baila house "de toda a vida" (non os borregos q bailan o que está de moda) dalle igual o ritmo, e outros fican empericados ou empilulados en afters bailando coma zombies.

En resumo, que antes as cancións molaban de seu porque tiñan contundencia, agora pra que teñan contundencia hai que façer un remix italo ou hands up. Xa sei que o do electro é unha puta moda pasaxeira, pero é que non me gusta o baixo dos temas electro (copiado do house). O ELECTRODANCE É HOUSE ENCUBERTO

Sem comentários: