Presentación. Este espazo nace con vocación de efímero. Só quería facer un sitio onde poder poñer os meus comentarios sobre temas Italo e Dance, música, algún concerto. E se alguén algún día entra aquí e deixa un comentario, pois mellor. Visto que o DANCE está pasando un momento moi dificil, todos aqueles que nalgún momento disfrutamos con algún tema, somos os que temos que pular pra acadar que o ITALO e o DANCE volvan ás discotecas, ós pubs, á radio, á TV, lugares de onde nunca deberon de sair. Non teño ningún afán comercial nin moito menos, a diferenza de outros sitios que empregaron ao Italo coma plataforma de lanzamento, vendendose despois a outros estilos de música máis rentables en canto viron pasta diante.
Levo 10 anos escoitando e vivindo este estilo de música e vexo que aínda ten moito perecorrido e moitas posibilidades. O exemplo son o "Mediterranean progressive", "Hands up" ou o "Lento Violento", evolucións positivas partindo do Italo.
Sem comentários:
Enviar um comentário